"Pokemon": O BNG acusa o alcalde de incumprir os códigos éticos e de boas prácticas do PP

"Pokemon": O BNG acusa o alcalde de incumprir os códigos éticos e de boas prácticas do PP

A Coruña, 30 de decembro de 2013.- En relación á rama coruñesa do caso “Pokemon”, denominada “Pikachu”, o BNG da Coruña critica o comportamento do alcalde da Coruña e presidente provincial do Partido Popular e acúsao de incumprir o código ético do PP; o código de boas prácticas do PP; o programa electoral de 2011 e mais os estatutos do último Congreso do PP que tivo lugar en Galiza.

Así, no código ético do PP, de 1993, alúdese a “un compromiso ético entre gobernantes e gobernados baseado na confianza recíproca” e recolle que “para garantir a exixencia de responsabilidades políticas que puidesen corresponder a calquera cargo público do PP estes se comprometen a ... poñer a súa disposición o posto público que desempeñasen, se da apertura a calquera procedemento xurisdicional poidan derivarse indicios racionais da comisión dun delito. Asimesmo, o PP asume o compromiso de abrir en calquera destes casos unha comisión de investigación interna que esclareza os feitos e que, a súa vista, fará públicas as conclusións do seu informe, así como as sancións que disto poidan derivarse...”

O código de boas prácticas do PP advirte do “compromiso de comunicarlle á Dirección do PP a apertura de calquera procedemento xudicial do que poidan derivarse indicios racionais de comisión dun delito, e de poñer a disposición do partido o cargo público que desempeñe cando o Comité Nacional de Dereitos e Garantías considere que a súa permanencia no mesmo dana a propia organización ou institución pública”. Isto mesmo vén recollido nos estatutos do XV Congreso do PP en Galiza, de 2013.

No programa electoral co que Rajoy se presentou ás eleccións estatais de 2011 dise que “velamos, no seo do PP, polo rigoroso cumprimento do noso código de boas prácticas e dos compromisos de conduta asumidos polos nosos candidatos”.

O BNG reitera a necesidade de que dimitan os edís imputados, do cese dos asesores e do apartamento do funcionariado

Neste contexto, o BNG volve reiterar a necesidade de que dimitan os concelleiros imputados, nomeadamente o portavoz do Goberno municipal, o Sr. Flores; do cese do persoal de confianza que asesora o Goberno e que está imputado e mais do apartamento dos funcionarios imputados (que non interveñan en ningún proceso administrativo de contratacións).

 

"Pokemon": O BNG acusa o alcalde de incumprir os códigos éticos e de boas prácticas do PP