Imprimir

Pedímoslle a Inés Rey que inicie "negociacións" con Defensa para reverter a venda dos soares da Maestranza

bngcidadedacorunha.opennemas.com | 20 de xaneiro de 2020

Un dos soaeres propiedade de Defensa
Un dos soaeres propiedade de Defensa
Inés Rey debe iniciar "negociacións políticas" de inmediato co Goberno do Estado para intentar reverter a operación de venda de dous soares da Maestranza recentemente consumada polo Ministerio de Defensa. Así o dixo este luns Francisco Jorquera nunha tertulia en Intercoruna.

"Por difícil que sexa, hai que intentalo. A venda destes terreos é un mala noticia para a cidade. Son terreos que eran comunais, propiedade de todas as coruñesas e coruñeses, dos que se apropiou o Estado para usos militares. Hai pronunciamentos do Concello, xa desde o século XIX, para tentar recuperalos para o público. Sen ir máis lonxe o pasado xoves o Concello aprobou por unanimidade unha moción do BNG en que se instaba o Goberno do Estado a que se cedesen ao Concello terreos ou edificios estatais que se achan en desuso", dixo o portavoz do BNG en María Pita.

"O Ministerio de Defensa prima o interese especulativo en vez do social. E hai responsábeis desta situación", dixo en alusión ao convenio asinado con Defensa en 2004 polo daquela alcalde Francisco Vázquez.

Canto á alternativa que defende o BNG para estes soares, o portavoz nacionalista afirmou que debe ser produto "dun diálogo entre o Concello e a veciñanza". Mais na contorna da Cidade Vella é especialmente notoria a necesidade de aumentar as zonas verdes e os equipamentos públicos, ben como a posta en valor dunha área que posúe un alto valor patrimonial coa presenza de valiosos restos arqueolóxicos das murallas da cidade.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/pedimoslle-ines-rey-inicie-negociacions-defensa-reverter-venda-soares-da-maestranza/20200120182756008441.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal