Imprimir

Parece que por fin se ve a luz ao final do “viaduto”

bngcidadedacorunha.opennemas.com | 11 de maio de 2018

Vista do viaduto da Rolda de Nelle desde a rúa Cancela de  Fóra.
Vista do viaduto da Rolda de Nelle desde a rúa Cancela de Fóra.

Felicitamos ao tecido asociativo e á veciñanza da Agra do Orzán pola aparente decisión do Goberno municipal de lle buscar unha alternativa ao viaduto da Rolda de Nelle

Mais lembramos que esta era unha das actuacións propostas, e que calculabamos en 50.000 euros, que foi excluída nas nosas emendas aos orzamentos municipais de 2018

A solicitude veciñal de dar unha alternativa a esta ponte remóntase a principios da década pasada e é unha demanda histórica da Asociación Veciñal da Agra do Orzán, que mesmo nós temos incorporado como unha iniciativa urbanística prioritaria nos nosos programas electorais de 2011 e 2015. Aledámonos de que por fin o Goberno da Marea Atlántica lle dea prioridade nas súas actuacións mais preguntámonos por que non se asumiu cando lla propuxemos a principio de ano e se estará realizada antes de fin de mandato

Queremos felicitar ao tecido asociativo e á veciñanza da Agra do Orzán pola aparente decisión do Goberno municipal de lle buscar unha alternativa ao viaduto da Rolda de Nelle.

E é que lembramos que a polémica sobre a pervivencia deste paso en altura entre os barrios da Agra e o Paseo das Pontes ven de lonxe, xa que logo se trata dunha demanda histórica que xa foi formulada pola Asociación Veciñal da Agra do Orzán a principios da década pasada, e que deu lugar a múltiples reunións entre a propia entidade, representantes das comunidades veciñais da zona afectada e representantes municipais nos últimos tres mandatos.

Do mesmo xeito, tamén recordamos que esta era unha das actuacións propostas, e que calculabamos en 50.000 euros, que foi excluída nas súas emendas aos orzamentos municipais de 2018, e agardamos que o proxecto que finalmente se leve a cabo sexa realizado de xeito inmediato e que non se quede noutro anuncio do Goberno municipal que non teña continuidade na actuación.

A solicitude veciñal de lle dar unha alternativa a esta ponte remóntase a principios da década pasada e é unha demanda histórica da Asociación Veciñal da Agra do Orzán, que mesmo nós temos incorporado como unha iniciativa urbanística prioritaria nos nosos programas electorais de 2011 e 2015. Aledámonos de que por fin o Goberno da Marea Atlántica lle dea prioridade nas súas actuacións mais preguntámonos por que non se asumiu cando lla propuxemos a principio deste ano e se estará realizada antes de fin de mandato.

A Coruña, 11 de maio de 2018.

 

Artigos relacionados:

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/parece-fin-ve-luz-ao-final-do-viaduto/20180511135455007928.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal