CIG

Parabenizamos á CIG polo seu congreso comarcal celebrado hoxe e felicitamos a Xabier Filgueira pola súa reelección

Momento no qu Xabier Filgueira recibe os parabén da Executiva despois da súa reelección
Momento no que Xabier Filgueira recibe os parabén da Executiva despois da súa reelección

Participamos da clausura deste Congreso e resaltamos o papel fundamental do sindicato na defensa dos intereses da clase traballadora galega

Parabenizamos á CIG polo seu congreso comarcal celebrado hoxe e felicitamos a Xabier Filgueira pola súa reelección

Vimos de participar esta mañá na clausura da VII Asemblea comarcal da CIG que se celebrou ao longo desta xornada matinal no Centro Cívico dos Mallos, á que fomos convidadas pola organización sindical

Cómpre destacar o papel fundamental que está a desenvolver neste momento a Confederación Intersindical Galega na defensa dos intereses da clase traballadora no país, e na constante e necesaria denuncia ás constantes vulneracións que sufre tras as distintas reformas laborais realizadas polos gobernos do PSOE e PP no Estado.

Neste sentido, preguntámonos como, a esta altura, e sen que haxa unha maioría absoluta que sosteña ao actual Goberno central, as forzas que se supón de esquerda ou rupturistas con representación no Parlamento do  Estado aínda non se puxeron de acordo para derrogar as sucesivas reformas laborais, pese a que estas supuxeron unha agresión sen precedentes aos dereitos dos e das traballadoras, afogando os seus dereitos laborais, empeorando as condicións de traballo, minguando o seu poder adquisitivo e mesmo vulnerando dereitos fundamentais, cuxos exemplos estamos a vivir na nosa comarca como nos casos que están a sufrir as traballadoras e os traballadores de Extel, ou todo o sector do telemarketing, o sector do metal, pendente do convenio provincial ou mesmo as traballadoras e traballadores do Banco Pastor ante a incerteza do seu futuro aberta tras o novo espolio á banca do país sufrido mesmo esta semana, entre outros.

Por último, tamén qeremos trasladar os parabéns a Xabier Filgueira que foi reelixido Secretario Comarcal da CIG, así como a todas as compañeiras e compañeiros que o acompañarán na súa Executiva neste novo período interasambleario.

A Coruña, 10 de xuño de 2017

Parabenizamos á CIG polo seu congreso comarcal celebrado hoxe e felicitamos a Xabier Filgueira pola súa reelección