Imprimir

Os orzamentos pantasmas que se “aprobarán” a semana que vén

bngcidadedacorunha.opennemas.com | 20 de decembro de 2017

Foto do salón de Plenos do Concello da Coruña no momento dunha votación
Foto do salón de Plenos do Concello da Coruña no momento dunha votación

A Marea deunos a calada por resposta cando o 1 de decembro solicitamos por correo electrónico unha copia dos orzamentos de 2018 para poder estudar con tempo a proposta do Goberno Local e remitir as nosas propias achegas

Como levamos facendo desde principio de mandato quixemos transmitirlle desde o BNG todas aquelas achegas que nós vísemos oportunas, xa que logo, estivemos procedendo a elaboración dun documento, propositivo e en positivo, con todas aquelas cuestións que nos están demandando diversas entidades e asociacións da nosa cidade, así como daquelas actuacións que nós consideramos prioritarias na acción política municipal. Se o Executivo da Marea entende que ese é o xeito de traballar cos grupos da oposición logo non pode andar laiándose de que non atopa os apoios necesarios para as súas propostas porque, para o caso do BNG, non as coñecemos e non se nos facilita o labor de coñecelas

Preguntámonos se o Goberno da Marea Atlántica considera lóxico e aceptábel que se proporcione aos grupos da oposición unha copia dos orzamentos 2018 cunha marxe menor dunha semana, dando por suposta a súa aprobación, e sen que se poida realizar unha análise rigorosa e pormenorizada do documento.

Deste xeito queremos amosar a nosa decepción ao coñecer pola prensa que o Goberno municipal quere levar a Pleno o orzamento de 2018  antes de que acabe o ano cando no seu momento solicitamos que se nos fora facilitada unha copia do borrador no que estaba traballando o Executivo co obxecto de facer achegas ao mesmo.

A finais de novembro a concelleira Eugenia Vieito dirixiuse a nós para que lle realizásemos achegas ao orzamentos municipais. Nós contestámoslle mediante un correo electrónico, o 1 de decembro, que lle remitiríamos as achegas, evidentemente, cando se nos enviase un borrador da proposta na que estaba traballado o Goberno co obxecto de poder estudalos con tempo. Porén, ese correo nunca foi contestado e menos entregada unha copia da proposta de orzamentos para o ano 2018, para logo ter coñecemento pola prensa que o Pleno vai ser convocado para a semana que ven e sen que a día de hoxe teñamos unha liña da proposta que se quere aprobar.

Así, xa avanzamos que só poderán trasladar as súas achegas aos orzamentos a través de emendas, polo que sinalamos que moi dificilmente se pode votar afirmativamente a un documento que se descoñece e do cal teremos conta nas vésperas do seu debate, sen opción a poder facer un estudo amodo da proposta que se quere aprobar.

 Como levamos facendo desde principio de mandato quixemos transmitirlle desde o BNG todas aquelas achegas que nós vísemos oportunas, xa que logo, estivemos procedendo a elaboración dun documento, propositivo e en positivo, con todas aquelas cuestións que nos están demandando diversas entidades e asociacións da nosa cidade, así como daquelas actuacións que nós consideramos prioritarias na acción política municipal. Se o Executivo da Marea entende que ese é o xeito de traballar cos grupos da oposición logo non pode andar laiándose de que non atopa os apoios necesarios para as súas propostas porque, para o caso do BNG, non as coñecemos e non se nos facilita o labor de coñecelas”, conclúe a concelleira nacionalista Avia Veira.

A Coruña, 20 de decembro de 2017.

 

Artigos relacionados:

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/orzamentos-pantasmas-aprobaran-semana-ven/20171220145332007798.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal