Imprimir

A Orquestra de Cámara Galega ten de estar na Semana de Música Clásica 2020

bngcidadedacorunha.opennemas.com | 06 de febreiro de 2020

Un momento dunha actuación da Orquestra de Cámara Galega
Un momento dunha actuación da Orquestra de Cámara Galega
Así o pide a concelleira do BNG Avia Veira nun rogo dirixido ao Goberno Local.

A Orquestra de Cámara Galega, fundada en 1995 na cidade da Coruña e que por tanto celebra este 2020 o seu 25 aniversario, desenvolve un "importantísimo labor" na difusión e proxección internacional de autores galegos de música culta, a comezar polo mestre Rogelio Groba, de cuxa obra e legado se ocupa moi especialmente.

É por iso que a concelleira do BNG, Avia Veira, dirixiu un rogo, no pleno deste xoves 6F, ao Goberno Local para que a Concellaría de Cultura e o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) inclúa a OCG na programación da Semana da Música Clásica, no cadro das Festas de María Pita 2020.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/orquestra-camara-galega-ten-estar-semana-musica-clasica-nas-festas-maria-pita-2020/20200206194410008480.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal