Ofimático: o Goberno local dálle a volta ao informe de Adif para que se emita de xeito favorábel

Ofimático: o Goberno local dálle a volta ao informe de Adif para que se emita de xeito favorábel

A Coruña, 18 de decembro de 2014.- Malia que o informe de ADIF non é favorábel á modificación puntual do Plan Parcial S-10 Parque Ofimático por non se dar cumprimento satisfactorio á sentenza de 14 de decembro de 2009, o Goberno Local no informe de resposta ás alegacións dálle a volta e sostén que debe entenderse emitido en sentido favorábel o mencionado informe. As nacionalistas lembran que a causa principal da modificiación puntual do Plan Parcial do Parque Ofimático está precisamente na execución da sentenza do Tribunal Supremo de 14 de decembro de 2009, en virtude da cal se recoñecía a ADIF o aproveitamento urbanístico correspondente aos solos da súa titularidade e o seu dereito a participar na súa equidistribución en igualdade de condicións que o resto de propietarios.

Así, segundo consta no informe de ADIF de 6 de maio de 2014: “A la vista de lo expuesto en el cuerpo de la presente alegación, ADIF emite informe no favorable a la Modificación Puntual del Plan Parcial S-10 “Parque Ofimático”, en tanto que no se da cumplimiento satisfactorio a la referida sentencia”.

Porén, e malia non ser favorábel o informe do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias, o Goberno Local di literalmente no seu informe de alegacións á segunda información pública do documento de modificación do Plan Parcial S-10 o seguinte: “De donde hay que deducir que la ordenación proyectada cumple con las determinaciones exigibles en la legislación ferroviaria, por lo que el informe debería de haber sido emitido en sentido favorable, debiéndose entender en este sentido. No puede entonces entenderse que el informe concluya emitiéndose “no favorable””.

Ofimático: o Goberno local dálle a volta ao informe de Adif para que se emita de xeito favorábel