Imprimir

"Non abonda con que o concello impoña a Albada multas de 3.000 euros cada dous días"

bngcidadedacorunha.opennemas.com | 29 de novembro de 2019

Un momento da mobilización.
Un momento da mobilización.
Francisco Jorquera e Avia Veira respaldaron esta mañá coa súa presenza a nova marcha de traballadoras e traballadores de Albada na Praza de María Pita.

"Facemos nosas as reivindicacións dos traballadores", afirma o portavoz do grupo municipal do BNG, Francisco Jorquera. "Non abonda con que o concello impoña a Albada multas de 3.000 euros cada dous días se a concesionaria deixa de recoller o lixo aos concellos do Consercio das Mariñas", engade, ao tempo que apela ao Goberno Local a que "utilice todas as ferramentas ao seu alcance" para obrigar a empresa a cumprir coas súas obrigas e a non atentar contra os dereitos do cadro de persoal.

"No propio prego de condicións [do contrato para a xestión da planta de tratamento de residuos de Nostián], contémplase a intervención, o secuestro da concesión, pór a planta baixo as ordes directivas do concello", remarca Jorquera. "O BNG vai demandar, como demandan as traballadoras e os traballadores, man dura por parte do concello fronte ás prácticas mafiosas e chantaxistas de Albada", conclúe.
 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/non-abonda-concello-impona-albada-multas-3000-euros-cada-dous-dias/20191129124125008357.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal