Imprimir

Melloras para o Centro da San Diego

bngcidadedacorunha.opennemas.com | 24 de maio de 2018

Zona exterior do Centro Cívico de San Diego coas filtracións e humidades
Zona exterior do Centro Cívico de San Diego coas filtracións e humidades

Solicitamos ao Goberno municipal que realice obras de reparación e mantemento para o Centro Cívico de San Diego

Presentamos unha iniciativa para o próximo Pleno ordinario de xuño para que se substitúan varias cristaleiras rotas e se fagan labores de illamento e deshumidificación nas paredes exteriores do centro especialmente danadas

Vimos de solicitar mediante unha iniciativa dirixida ao Pleno da Corporación para que se realicen obras de reparación e mantemento para o Centro Cívico de San Diego.

Deste xeito, dimos traslado dun rogo escrito onde, na súa parte expositiva, describimos a situación no exterior do centro e do deterioro evidente da instalación.

Cristaleira reventada a nivel de rúa no Centro Cívico de San Diego

Así, advertimos da presenza de humidades e verdín, tanto no beirado da á do tellado xunto á canalización de recollida de augas pluviais como na parede exterior na zona de conexión coa rede de sumidoiro, e de cristalería rota, e mesmo estalada, con varios paneis, tanto en zona de altura como a nivel do tránsito de rúa con evidente risco de caídas á vía. Neste último caso, advertimos dun posíbel risco para a veciñanza que transita ao carón da instalación que xustifica sobradamente unha actuación de urxencia no Centro Cívico.

Asemade existen outros deterioros menores, como desconchados de pintura, perda de materiais de subxección etc, menos evidentes, pero que implican, de non facerse unha reparación inmediata, un deterioro progresivo que podería aumentar os gastos de mantemento da instalación, e que nos leva a solicitar que se proceda a facer a instrucións correspondente para ordenar a reparación, rehabilitación e restauración das zonas deterioradas do Centro Cívico de San Diego.

A Coruña, 24 de maio de 2018.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/melloras-centro-da-san-diego/20180524140414007954.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal