PERSOAL

A Marea Atlántica nomea de xeito xa revocado xudicialmente en numerosas ocasións a un novo xefe de servizo

Edificio do Palacio Municipal de María Pita
Vista exterior do edificio do Palacio Municipal de María Pita

É un “despropósito” o nomeamento por Comisión de Servizos, ou sexa, a fichaxe dun candidato do PP para “nada máis e nada menos” que a Xefatura do Servizo de Xestión do Solo

É incríbel que a Marea Atlántica, despois de tres anos de Goberno, siga apostando por traer funcionariado doutras Administracións para cubrir postos no Concello cando os tribunais teñen fallado en innumerábeis ocasións en contra deste modus operandi

O Goberno local terá que explicar cales son os motivos polos que aposta por unha persoa que foi número dous en Sada con Ramón Rodríguez Ares en 2003

A Marea Atlántica nomea de xeito xa revocado xudicialmente en numerosas ocasións a un novo xefe de servizo

É un “despropósito” o nomeamento por Comisión de Servizos, ou sexa, a fichaxe dun candidato do PP para “nada máis e nada menos” que a Xxefatura do Servizo de Xestión do Solo.

Así preguntaremos por escrito ao Goberno local por que aposta por unha persoa que foi número dous en Sada con Ramón Rodríguez Ares en 2003 para a Xefatura do Servizo de Xestión do Solo.

O Goberno Local debía ter cuberto a praza con persoal propio da Administración local mais a Marea Atlántica decidiu fichar unha persoa que foi número 2 do PP en Sada, asesor de Alcaldía en Ferrol cando este partido gobernou a cidade departamental con Juan Juncal á fronte, e tamén fichado en 2014 como coordinador de servizos xerais de Arteixo con Carlos Calvelo, tamén do partido con sede na rúa Génova.

É incríbel que a Marea Atlántica, despois de tres anos de Goberno, siga apostando por traer funcionariado doutras Administracións para cubrir postos no Concello cando os tribunais teñen fallado en innumerábeis ocasións en contra deste modus operandi, moi criticado por nós cando o Partido Popular o comezou a facer no pasado mandato.

A Coruña, 24 de xullo de 2018.

A Marea Atlántica nomea de xeito xa revocado xudicialmente en numerosas ocasións a un novo xefe de servizo