Imprimir

"A Marea Atlántica está moi cómoda no vitimismo"

BNG | 18 de Xaneiro de 2019

Avia Veira, xunto a Francisco Jorquera, este venres no Concello.
Avia Veira, xunto a Francisco Jorquera, este venres no Concello.

Avia Veira lembra que é responsabilidade do goberno municipal “elaborar e tramitar os orzamentos e chegar a acordos para sacalos adiante e telos en tempo”.

A Coruña, 18 de xaneiro.- Avia Veira, a portavoz municipal do BNG, volveu reclamar responsabilidade e sensatez ao goberno da Marea Atlántica. A nacionalista advirte “unha deriva” no proceder da Marea Atlántica nos últimos anos e lembrou que o BNG concedera un “apoio tácito” ás contas municipais de 2016, que “apoiou a Xulio Ferreiro e ao goberno municipal na moción de confianza do 2017”, que no 2018 non foron aceptadas “nin unha soa das nosas alegacións que se resolveron en apenas en 24 horas”, e que para o 2019 “non tivemos acceso, non vimos nin unha coma”.

 

Veira volveu advertir das graves consecuencias que terá un novo atraso nos orzamentos para as asociacións e colectivos da cidade, entre outras, as ANPAS. E conclúe que “a Marea Atlántica está moi cómoda instalada no vitimismo, botándolle aos demais das culpas do que non fai”. Veira insistiu en que “é responsabilidade do goberno municipal elaborar e tramitar os orzamentos e chegar a acordos para sacalos adiante e telos en tempo”. “É a súa obriga”, subliñou.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/marea-atlantica-moi-comoda-vitimismo/20190118160602008111.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal