Imprimir

Jorquera propón que se decrete a zona 30 en toda a cidade agás as avenidas principais

bngcidadedacorunha.opennemas.com | 04 de maio de 2020

O voceiro do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, propuxo este luns na Xunta de Portavoces que se acelere o proxecto de decretar como zona 30 toda a cidade da Coruña, con excepción das súas avenidas principais.

Estableceríase así unha prohibición xeral de os vehículos circularen a unha velocidade superior aos 30 quilómetros. A medida acompañaría outras, tamén propostas polo BNG, na dirección de estender as zonas peonís e de reducir os carrís para a circulación de coches.

"Na actual situación trátase de gañarmos espazos para o paseo das cidadás e dos cidadáns e evitar aglomeracións. Sempre defendemos unha cidade máis vivíbel e agora que facemos fronte á pandemia, aínda máis", razoa o voceiro nacionalista.

Na Xunta de Portavoces abordouse, máis unha vez, as consecuencias sanitarias e socioeconómicas da Covid-19 e comezou a se ordenar o pleno do vindeiro 14 de maio.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/jorquera-propon-que/20200504131026008557.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal