Imprimir

Jorquera presenta un rogo para o cadro de persoal de Emalcsa estar representado no seu Consello de Administración

bngcidadedacorunha.opennemas.com | 13 de maio de 2020

Consello de Administración de Emalcsa
Consello de Administración de Emalcsa

O portavoz do BNG en María Pita Francisco Jorquera vai formular un rogo no pleno deste xoves 14M para unha persoa en representación das traballadoras e traballadores de Emalcsa poder asistir ao Consello de Administración desta empresa municipal.

No texto deste rogo, Jorquera explica que, pese a este ser un dereito recollido expresamente no convenio colectivo, desde 2012 non se permite a participación das traballadoras e traballadores no Consello de Administración por medio dunha persoa representante con voz, pero sen voto.

Enfatiza o portavoz nacionalista que en 2016 o Consello de Administración comprometeuse coa representación das traballadoras que esta podería participar nas reunións sempre que se tratase de temas que afectasen o cadro de persoal. Mais tampouco se cumpriu este compromiso.

Agora o BNG formula un rogo para que se poña fin a esta situación e a representación laboral da empresa teña participación nas reunións do seu máximo órgano directivo.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/jorquera-presenta-rogo-cadro-persoal-emalcsa-estar-representado-seu-consello-administracion/20200513130622008568.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal