Imprimir

Jorquera inquire ao executivo local que fixo para cumprir o compromiso da alcaldesa sobre Isowat

bngcidadedacorunha.opennemas.com | 09 de outubro de 2019

Jorquera, durante un pleno
Jorquera, durante un pleno
Isowat está nunha situación desesperada, á beira do fechamento, e o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, quer saber se, tal e como se comprometera co comité de empresa, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, fixo xestións xunto dos gobernos do estado e galego para procurar unha solución que evite a desaparición da fábrica coruñesa.

O certo é que a reunión da alcaldesa co comité de empresa foi en agosto e que a compañía, concluído xa o ERE temporal, se acha agora en pleno expediente de regulación de emprego por extinción.

No texto da iniciativa, unha pergunta por escrito, Jorquera inquire ao goberno local se a alcaldesa mantivo contactos cos executivos estatal e galego e se arrancou deles algún compromiso concreto.

Pergunta tamén Jorquera ao executivo coruñés como valora a destrución de emprego industrial que se está a verificar na cidade e na comarca e que estratexia vai impulsar para facer fronte a este fenómeno de enfranquecimento do tecido produtivo.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/jorquera-pergunta-ao-executivo-local-fixo-cumprir-compromiso-da-alcaldesa-isowat/20191009134113008271.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal