Imprimir

Jorquera anima a asistencia á manifestación 'Pola Sanidade Pública Galega' do 10 de febreiro en Compostela

BNG | 23 de Xaneiro de 2019

O candidato, esta mañá coas representantes do persoal do CHUAC.
O candidato, esta mañá coas representantes do persoal do CHUAC.

Participou esta mañá nunha protesta do persoal do CHUAC, que reclama o reforzo inmediato de todas as unidades.

O candidato do BNG á Alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera, acompañou esta mañá a traballadoras e traballadores do CHUAC (Complexo Hospitalario Universitario da Coruña) nunha protesta contra as políticas de recortes e privatización da sanidade pública galega que está levando a cabo a Xunta de Galiza.

 

Ao berro de "Máis persoal en todo o hospital!"as traballadoras pediron que se reforcen os equipos de persoal sanitario e advertiron que moitas se atopan nunha “situación límite a causa do estrés” o que repercute na atención hospitalaria. A portavoz das traballadoras, María Seijo (CIG) sinalou que o colapso nas Urxencias é “a foto visíbel da xestión hospitalaria, e denunciou ademais que “en moitas unidades do hospital xa está normalizado introducir unha terceira cama en habitacións habilitadas como dobres”. “"Se non lle importan as doentes, pouco lle importamos as profesionais”, concluíu Seijo en referencia ao conselleiro de Sanidade, Vázquez Almuíña.

 

Despois da concentración ás portas do hospital e de conversar con representantes do persoal, Francisco Jorquera manifestou que a Xunta, “baixo o pretexto da escaseza de recursos públicos o que hai é un intento de ir degradando progresivamente o sistema público de saúde”. Para defendelo, Jorquera animou á veciñanza da comarca da Coruña a participar en todas as mobilizacións e, especialmente, na manifestación nacional convocada por SOS Sanidade Pública o próximo día 10 de febreiro en Compostela.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/jorquera-anima-asistencia-manifestacion-pola-sanidade-publica-galega-do-10-febreiro-compostela/20190123173604008133.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal