Imprimir

Francisco Jorquera e Avia Veira únense á concentración contra a presenza do Rei na UDC

bngcidadedacorunha.opennemas.com | 30 de setembro de 2019

Un momento da concentración, con Jorquera e Veira detrás da faixa
Un momento da concentración, con Jorquera e Veira detrás da faixa
Francisco Jorquera e Avia Veira estiveron presentes na mañá deste luns na concentración perante a Reitoría da UDC para tornar visíbel a oposición do BNG a unha institución anacrónica, antidemocrática e contraria á existencia de Galiza como nación soberana. 

Centos de persoas secundaron a dupla convocatoria de Vía Galega e Galiza pola República e expresaron o seu rexeitamento á presenza no acto inaugural do curso universitario do xefe de Estado español, Felipe VI, por representar unha institución cuxos valores son radicalmente contrarios aos principios básicos da democracia, a comezar polo dereito a decidir das nacións.

"Galiza mañá/República será" e "Fóra, fóra, monarquía española" foron algúns dos cánticos máis coreados durante a concentración, unha mobilización en que, canda Jorquera e Veira, participaron tamén o responsábel de Organización do BNG, Bieito Lobeira, e o ex portavoz do Bloque no Congreso dos Deputados, Francisco Rodríguez.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/grupo-municipal-respalda-concentracions-presenza-do-monarca-udc/20190930174222008236.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal