O Goberno municipal envía a policía a amedrantar @s desaloxad@s do Ofimático e négase a recibilos

O Goberno municipal envía a policía a amedrantar @s desaloxad@s do Ofimático e négase a recibilos

A Coruña, 18 de xaneiro de 2013.- A concelleira nacionalista Avia Veira sinala que a policía volveu hoxe á Avda Alfonso Molina para controlar as persoas desaloxadas do Ofimático que se concentran nunha das pasarelas para visibilizar a súa problemática. Segundo veciños e veciñas afectadas, malia haber tan só había tres persoas sobre a pasarela, a policía local acudiu ao lugar. Veira critica que o Sr. Negreira envíe sistematicamente a policía a reprimir este tipo de concentracións pacíficas, que na meirande parte dos casos se desenvolve nun camiño que vai ao lugar de Galán (a zona en que se construirá o Ofimático).

A edila do BNG esíxelle ao Goberno municipal se reúna co colectivo e que adopte as medidas pertinentes para garantir que as persoas que serán desafiuzadas conten cunha vivenda digna. A nacionalista insiste en que Xunta de Galiza e Goberno municipal deben sentar dunha vez para resolver o problema dos tres colectivos afectados pola inacción do Goberno municipal: reversionistas, cooperativistas e desaloxados, porque é posíbel atopar unha solución que beneficie os tres.

 

O Goberno municipal envía a policía a amedrantar @s desaloxad@s do Ofimático e négase a recibilos