Imprimir

Resposta do Goberno Local ao BNG sobre as deficiencias na RISGA en materia de vivenda

bngcidadedacorunha.opennemas.com | 24 de xaneiro de 2020

Concentración en demanda de mellores prestacións na RISGA
Concentración en demanda de mellores prestacións na RISGA
A concelleira do BNG Avia Veira denunciou nunha pregunta por escrito que se lle está a retirar o complemento de vivenda da RISGA a moitas persoas que residen en pensións, mais que están empadroadas en enderezos de entidades benéficas.

Na súa resposta, o Goberno Local dille ao BNG que si é consciente da existencia desta situación e sobre o que pensa facer ao respecto indica que ten pendente unha reunión “coa Xunta da Galiza para abordar as deficiencias que os servizos técnicos municipais encontran na RISGA”.

A través desta iniciativa, a concelleira nacionalista inquiría tamén ao Goberno Local sobre se xa está a traballar na necesidade de pór en marcha canto antes unha bolsa de vivenda en aluguer, tal e como BNG e PSOE conviñeron en xuño pasado no acordo que fixo viábel a investidura de Inés Rey.

O Executivo coruñés limítase a responder que si está a traballar neste asunto, sen dar máis detalles.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/goberno-local-vai-ter-reunion-coa-xunta-deficiencias-da-risga/20200124123102008447.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal