Imprimir

O Goberno Local aínda non convocou a Mesa de Traballo coa veciñanza de Elviña afectada polo Ofimático

bngcidadedacorunha.opennemas.com | 12 de febreiro de 2020

Imaxe dunha das concentracións que todos os venres convoca a veciñanza de Elviña
Imaxe dunha das concentracións que todos os venres convoca a veciñanza de Elviña
En decembro pasado, nunha reunión da Comisión de Seguimento do Acordo de Investidura entre o BNG e o PSdeG, o grupo que dá soporte ao Goberno Local comprometeuse a convocar unha Mesa de Traballo co obxectivo de dar satisfacción ás demandas do colectivo de veciñas e veciños afectados polo Parque Ofimático. 

Pois ben, a día de hoxe, e segundo puido saber o BNG, a veciñanza de Elviña non foi aínda convocada a ningunha reunión por parte do Goberno Local. "Pasaron xa dous meses da reunión da Comisión de Seguimento. Tempo máis que de abondo para se constituír a Mesa de Traballo", denuncia a concelleira nacionalista Avia Veira. Nese foro BNG e PSdeG, en congruencia co seu Acordo de Investidura, conviñeron en que a solución que se dese ás veciñas e veciños afectados polo Ofimático sería ou ben a desafectación ou unha solución urbanística semellante, en todo caso sempre consensuada con eles.

"O Goberno Local si foi quen de constituír unha mesa co tecido empresarial da construción para impulsar a posta en marcha dos polígonos contemplados no PXOM, mais non atopou un momento para se reunir coa veciñanza de Elviña", censura Avia Veira. "Queremos a desafectación ou unha solución urbanística valente e consensuada coa veciñanza. Exisimos, pois, que o Goberno Local cumpra coa palabra dada", conclúe.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/goberno-local-ainda-non-convocou-mesa-traballo-coa-vecinanza-elvina-afectada-polo-ofimatico/20200212131412008490.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal