Imprimir

"Feixóo anuncia un investimento a longo prazo para ocultar a súa falta de compromiso co día a día da sanidade"

bngcidadedacorunha.opennemas.com | 29 de xaneiro de 2020

Entrada de urxencias do CHUAC, un servizo que con frecuencia se acha colapsado
Entrada de urxencias do CHUAC, un servizo que con frecuencia se acha colapsado
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, fai a seguinte valoración de urxencia do anuncio feito por Feixóo en relación á ampliación do CHUAC.

"Aledámonos de que rectifique e renuncie a construír o hospital nos terreos de Pedralonga [os ocupados pola Fábrica de Armas]. Esa sería unha opción máis complexa, custosa e colidiría co proxecto das TIC", afirma Jorquera.

"Esperamos que o anuncio que se fai hoxe non sexa anunciar un investimento a longo prazo no CHUAC para ocultar a falta de compromiso co día a día da sanidade pública", engade o voceiro nacionalista, quen remarca que "os centros de saúde da cidade padecen recortes que resultan nun claro deterioro da atención primaria". Os recortes, que se teñen traducido na redución de persoal e no desmantelamento de camas, teñen afectado tamén o propio CHUAC, até o punto de "degradar a calidade dun servizo que no seu momento era referencial en todo o Estado Español"

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/feixoo-anuncia-investimento-longo-prazo-ocultar-sua-falta-compromiso-co-dia-dia-da-sanidade/20200129162339008451.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal