Imprimir

A Estación de Autobuses, en mal estado á espera da chegada (xa veremos cando) da futura Intermodal

Bloque Nacionalista Galego da Coruña | 21 de outubro de 2020

Exterior da Estación de Autobuses
Exterior da Estación de Autobuses
A Estación de Autobuses da Coruña presenta un aspecto “lamentábel” e dá a impresión de que o Goberno Local, no canto de actuar para arranxar as súas deficiencias, se limita a agardar pola chegada da futura Intermodal, unha infraestrutura para a que non hai prazos certos.

Así o defende Francisco Jorquera, portavoz do BNG en María Pita, nun rogo oral ao executivo coruñés que será defendido no Pleno do novembro.

Na exposición de motivos desta iniciativa, o voceiro nacionalista pormenoriza algunha das deficiencias que caracterizan o estado da estación de autobuses: frecuentes fallos no funcionamento das escadas mecánicas e nos paneis luminosos que informan da chegada e saída dos vehículos, alumeamento insuficiente que se fai moi notorio cando cae a noite,  o que cría loxicamente inseguridade, falta de limpeza...

Todo isto contribúe para crear unha “imaxe deplorábel” dunha das portas de entrada á nosa cidade, xulga Jorquera, para quen “a proxectada nova estación de autobuses na futura intermodal non pode inhibir o Concello da Coruña de asegurar un acaído mantemento da actual estación”.

 

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/estacion-autobuses-abandono-espera-da-chegada-da-futura-intermodal/20201021101629008912.html


© 2021 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal