MUSEOS CIENTÍFICOS

Esiximos solucións xa para o cadro de persoal dos museos científicos coruñeses

Vista exterior da Domus
Vista exterio da Domus

Demandamos ao Goberno municipal que poña solucións definitivas enriba da mesa para evitar que 31 persoas que traballan nos museos científicos rematen na rúa

Non por advertido se actuou. Presentamos en novembro de 2015 unha moción onde xa explicabamos a situación do cadro de persoal e as intencións da empresa Samyl SL, cun contrato prorrogado desde 2014, dando conta das constantes vulneracións dos dereitos laborais ás súas traballadoras e aos seus traballadores, e na que instabamos o Goberno municipal a rescatar o servizo de atención ao público. Esta iniciativa foi rexeitada cos únicos votos en contra da Marea Atlántica. Tamén en xaneiro de 2016 realizamos unha pregunta oral en Pleno sobre esa situación de vulneración dos dereitos fundamentais. E en agosto preguntamos cal ía ser a actuación do Executivo, dada a aquela altura, a inminente caducidade da prórroga. Contestóusenos coas ambigüidades e incertezas coas que se está a caracterizar este mandato e sen aportar solucións á situación que nós prevíamos. O resultado final é que o cadro de persoal estará na rúa a mediados de mes

Amosamos a nosa solidariedade coas traballadoras e traballadores e anunciamos o noso apoio á folga convocada e a nosa participación nas concentracións convocadas para as vindeiras datas

Esiximos solucións xa para o cadro de persoal dos museos científicos coruñeses

Despois da convocatoria de folga que ven de anunciar o cadro de persoal dos museos científicos coruñeses, esiximos ao Goberno municipal que poña solucións definitivas enriba da mesa e actúe dunha vez preservando os postos de traballo ameazados, un total de 31 persoas, que de non cambiar a situación radicalmente nas vindeiras semanas, irán á rúa o 14 de abril próximo.

Asemade, queremos amosar a nosa solidariedade coas traballadoras e traballadores e anunciamos o nos apoio á folga convocada e a nos participación das concentracións convocadas para as vindeiras datas.

Xa que logo consideramos que a inacción do Executivo local ante a situación final que se vai a dar a partir de mediados do mes que vén é deliberada e que sempre se tivo a intención de que se producira a caducidade da prórroga concedida en 2014 á empresa Samyl SL, independentemente das consecuencias que isto tería para as traballadoras e traballadores.

Logos dos Museos Científicos da Coruña

Neste sentido, lembramos que foron múltiples e constantes as advertencias que lle vimos traladando ao Goberno local sobre a caducidade desta prórroga e sobre a situación que estaban a sufrir o cadro de persoal de atención ao público dos museos científicos.

Non por advertido se actuou. Presentamos en novembro de 2015 unha moción onde xa explicabamos a situación do cadro de persoal e as intencións da empresa Samyl SL, cun contrato prorrogado desde 2014, dando conta das constantes vulneracións dos dereitos laborais ás súas traballadoras e aos traballadores, e na que instabamos o Goberno municipal a rescatar o servizo de atención ao público. Esta iniciativa foi rexeitada cos únicos votos en contra da Marea Atlántica. Tamén en xaneiro de 2016 realizamos unha pregunta oral en Pleno sobre esa situación de vulneración dos dereitos fundamentais. E en agosto preguntamos cal ía ser a actuación do Executivo, dada a aquela altura, a inminente caducidade da prórroga. Contestóusenos coas ambigüidades e incertezas coas que se está a caracterizar este mandato e sen aportar solucións á situación que nós prevíamos. O resultado final é que o cadro de persoal estará na rúa a mediados de mes.

Asemade, a principios deste mesmo ano amosamos, de novo, a nosa preocupación e xa advertiamos publicamente que todos eses postos de traballo estaban no aire sen que desde o Executivo local se asumira a gravidade da situación.

Do mesmo xeito, consideramos escandaloso que, unha vez convocados os paros, o Goberno sinale que “mantén de xeito constante contacto coas e cos representantes dos traballadores” mais non adiante de xeito urxente a reunión solicitada polas traballadoras e traballadores co alcalde e o concelleiro de culturas, e que está prevista para o día 6 de abril, unha semana antes de que remate da prórroga da concesión.

Ao final, e convocadas as xornadas de folga polo persoal dos museos, do que se está a falar non é que os museos queden sen atender ou que non poidan abrir en Semana Santa, que é o de menos. O importante é que se solucione esta situación coa máxima celeridade e atendendo de xeito urxente ao cadro de persoal, xa que logo a día de hoxe o que está claro é que 31 persoas van ir ao paro.

 A Coruña, 29 de marzo de 2017

 

Noticias relacionadas

Esiximos solucións xa para o cadro de persoal dos museos científicos coruñeses