Imprimir

Dez xoves consecutivos cos traballadores de Alu Ibérica

Bloque Nacionalista Galego da Coruña | 20 de novembro de 2020

E os que fagan falta. Non podemos dar por perdida a batalla do mantemento dunha empresa estratéxica nunha cidade e nunha comarca aqueixadas dun dramático proceso de desindustrialización.

Este xoves, como os nove anteriores, o BNG estivo canda os traballadores de Alu Ibérica na súa concentración semanal perante a factoría, na saída da Coruña cara Arteixo. "É unha loita que partillamos totalmente", dixo Francisco Jorquera. "Por iso estamos hoxe aquí e estaremos até o final", engadiu.

Jorquera na concentración de traballadores de Alu Ibérica. Décimo xoves consecutivo.Desde o principio, o BNG puxo sobre a mesa como solución a mesma que defende o cadro de persoal da empresa: a súa intervención polo sector público. "E como os traballadores tampouco entendemos a actitude da Xunta de Galiza, absolutamente ausente neste asunto, a pesar de ter as competencias en materia industrial", remarca o portavoz.

Por medio dos seus cánticos os traballadores volveron reclamar unha entrevista con Feixoo. "É o mínimo", di Jorquera. "A Xunta ten que mover ficha e defender a continuidade dunha industria estratéxica. Non podemos perder máis fábricas neste país", conclúe.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/dez-xoves-consecutivos-cos-traballadores-alu-iberica/20201120105514009014.html


© 2021 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal