EDIFICIO CONDE DE FENOSA

A desfeita do edificio Conde de Fenosa que a pague quen a causou

Esiximos que se tomen todas as medidas necesarias para que os verdadeiros responsábeis da desfeita do edifico Conde de Fenosa, o Goberno de Francisco Vázquez e a empresa Fadesa, asuman a súa responsabilidade

Levabamos  advertindo desde 2011 que esta situación podería chegar a darse e lamentamos que durante o mandato do Partido Popular a estratexia seguida estivera encamiñada a demorar o máximo posíbel unha sentenza destas características sen actuar contra os culpábeis dos feitos

Sería irracional e escandaloso que as coruñesas e coruñeses tiveran que asumir, a conta dos seus petos, as ilegalidades cometidas por Fadesa durante o Goberno de Francisco Vázquez. Cremos, de feito, que o Concello da Coruña non ten responsabilidade patrimonial, con independencia das responsabilidades políticas ou persoais que puidesen derivarse daqueles que informaron e outorgaron unha licenza notoriamente contraria á normativa urbanística e da responsabilidade da promotora, xa que esta sabía e coñecía perfectamente que o proxectado era contrario ao PXOM en vigor a aquela altura

A desfeita do edificio Conde de Fenosa que a pague quen a causou

Vimos de valorar a inadmisión do Tribunal Supremo do recurso contra o cumprimento da orde de derrubo das superficies construídas ilegalmente no edifico Conde de Fenosa.

Deste xeito, non cabe máis que esixir que se tomen todas as medidas necesarias para que os verdadeiros responsábeis da desfeita, o Goberno de Francisco Vázquez e a empresa Fadesa, asuman a súa responsabilidade.

lembramos que tanto a empresa promotora, que presentou un proxecto técnico que incluía todas as irregularidades que logo deron pé as distintas sentenzas que se teñen acumulado durante estes xa vinte anos, como os responsábeis técnicos e políticos que actuaron incluso en contra dos informes urbanísticos que advertían das posíbeis ilegalidades que se poderían cometer de se construír de acordo ao proxecto presentado, son os únicos culpábeis do acontecido e quen deben asumir os custos que suporá a execución do derrubo das superficies afectadas e as indemnizacións que se corresponderan.

Superficies afectadas pola orde de derrubo no edificio Conde de Fenosa.

Neste sentido, tamén destacamos que esta situación final xa a advertimos no 2011, e que a estratexia seguida, a aquela altura, polo Goberno do PP presumíase que fracasaría, e que finalmente se demostrou que estivo encamiñada a demorar o máximo posíbel unha sentenza destas características sen actuar contra os culpábeis dos feitos.

Por ultimo, advertimos que sería de todo improcedente hipotecar as arcar municipais e asumir os custes que se deriven de aquí en adiante, ao entender que o Concello da Coruña non ten responsabilidade patrimonial e sen actuar con contundencia contra a promotora do Conde de Fenosa e as persoas que ostentaban as responsabilidades técnicas e políticas en 1997.

Sería irracional e escandaloso que as coruñesas e coruñeses tiveran que asumir, a conta dos seus petos, as ilegalidades cometidas por Fadesa durante o Goberno de Francisco Vázquez. Cremos, de feito, que o Concello da Coruña non ten responsabilidade patrimonial, con independencia das responsabilidades políticas ou persoais que puidesen derivarse daqueles que informaron e outorgaron unha licenza notoriamente contraria á normativa urbanística e da responsabilidade da promotora, xa que esta sabía e coñecía perfectamente que o proxectado era contrario ao PXOM en vigor a aquela altura

A Coruña, 14 de setembro 2017.

 

Artigos relacionados:

A desfeita do edificio Conde de Fenosa que a pague quen a causou