ESPOLIO DA CIDADE

A Consulta Popular debe ser realizada independentemente do encargo á Asesoría Xurídica

Pancarta colocada no balcón do Concello da Coruña
Pancarta colocada no balcón do Concello da Coruña

Cremos fundamental realizar a Consulta Popular independentemente do encargado á Asesoría Xurídica do Concello e apostamos porque a pregunta que se faga á veciñanza sexa concreta e que se formule claramente a devolución gratuíta de terreos

Advertimos que o informe encargado por alcaldía para trazar “unha folla de ruta” para levar a cabo a consulta non debe converterse nun proceso que enguedelle ou adíe sine die o referendo popular

A Autoridade Portuaria ten amosado en múltiples ocasións que nin respecta nin agarda polo Concello da Coruña, que ten os seus propios intereses e que non participa do interese xeral para co pobo da Coruña. Insistimos en que non cabe negociar nada e que se debe esixir a devolución de balde. Así o dixemos na Asemblea Cidadá, non coma o Goberno municipal que calou e ocultou a súa intención de negociar, nun exercicio de hipocrisía do que deberá dar conta a todas as entidades que participamos naquela asemblea. É por iso que agardamos que o informe que encargou o alcalde non sexa outra estratexia de enguedellar e adiar as tomas de decisións aos que nos ten acostumado

A Consulta Popular debe ser realizada independentemente do encargo á Asesoría Xurídica

Tras o anuncio realizado polo alcalde Xulio Ferreiro de encargar á Asesoría Xurídica do Concello un informe para establecer o procedemento da convocatoria de Consulta Popular, insistimos en demandar a realización deste referendo, polo que se ten apostado desde a Comisión Aberta en Defensa do Común, e lembramos que, independentemente de calquera conclusión que se poda concluír dese informe xurídico, a Consulta debe ser consecuencia dunha decisión política que debe tomar o Goberno municipal.

Do mesmo xeito que cremos fundamental realizar a consulta, tamén entendemos que esta é froito dunha decisión política tomada polo Goberno municipal, polo que agardamos que a ambigüidade mostrada durante todo o proceso polo Executivo non estea tamén detrás de este encargo e advertimos que o informe encargado por alcaldía para trazar “unha folla de ruta” para levar a cabo a consulta non debe converterse nun proceso que enguedelle ou adíe sine die o referendo popular.

Parcarta da Comisión Aberta en Defensa do Común colocada onte no salón de plenos durante a celebracion da Asemblea Cidadá

Demandamos, asemade, que a pregunta que finalmente se traslade finalmente no referendo sexa concreta e que se formule claramente a devolución gratuíta de terreos. Todas as entidades que participamos na Asemblea Cidadá témolo claro e así llo fixemos ver ao Goberno municipal nesa convocatoria.

Coa Autoridade Portuaria non cabe negociar nada xa que logo ten amosado xa en múltiples ocasións que non defende os intereses da cidade senón os seus propios, actuando como unha inmobiliaria e sempre máis preocupada de facer caixa a conta de pagar o desastroso financiamento do porto exterior.

Un dos momentos da Asemblea Cidadá con Avia Veira en primeiro termo

A Autoridade Portuaria nin respecta nin agarda polo Concello da Coruña, ten os seus propios intereses e non participa do interese xeral para co pobo da Coruña. Insistimos en que non cabe negociar nada e que se debe esixir a devolución de balde. Así o dixemos na Asemblea Cidadá, non coma o Goberno municipal que calou e ocultou a súa intención de negociar, nun exercicio de hipocrisía do que deberá dar conta a todas as entidades que participamos naquela asemblea. É por iso que agardamos que o informe que encargou o alcalde non sexa outra estratexia de enguedellar e adiar as tomas de decisións aos que nos ten acostumado”, conclúe Avia Veira.

Por último, lembramos que na Asemblea, e a proposta da Comisión Aberta en Defensa do Común, se aprobou a celebración dunha grande manifestación cidadá para principios de abril, algo, sinal inequívoco de que existe unha sensibilización social unánime en contra do constante espolio de terreos que sufriu a cidade nas últimas décadas.

A Coruña, 01 de marzo de 2017

 

Artigos relacionados

A Consulta Popular debe ser realizada independentemente do encargo á Asesoría Xurídica