O Concello debe contribuir e apoiar a iniciativa do RC Deportivo feminino

Formación do Karbo Deportivo a principiops do ano 80, precursor do actual RC Deportivo feminino
O Concello debe contribuir e apoiar a iniciativa do RC Deportivo feminino

Levamos ao Pleno unha iniciativa pola que se lle quere dar traslado ao RC Deportivo os parabéns pola posta en marcha, para esta vindeira temporada 2016/2017, do equipo feminino e, asemade, que o Concello lle facilite ao propio Deportivo feminino as instalacións municipais necesarias para contribuír a que o deporte feminino de competición gañe espazos, visualización e promoción.

Instamos no Pleno a que o Concello lle facilite ao Deportivo feminino instalacións municipais para contribuír a que o deporte feminino de competición gañe espazos, visualización e promoción

Formación do Karbo Deportivo a principiops do anos 80, precursor do actual RC Deportivo feminino

Para nós, o RC Deportivo, como club, estase implicando fondamente na visibilización do deporte feminino.

Así, o RCD, xunto coa construción do seu novo equipo, un proxecto que vai nacer este 19 de xullo, a data prevista para o comezo da pretemporada, súmanse outras iniciativas que van dar visibilidade os logros das xogadoras e do corpo técnico, como o Trofeo Teresa Herrera, que este ano vai ser conxunto (homes e mulleres), a dotación dun corpo técnico amplo os dous equipos (A e B), a posta a disposición das futbolistas dos mellores servizos do club, a participación en actos xunto ao conxunto masculino (tipo presentación de camisetas) ou que as/os adestradoras/es terán ao seu dispor a posibilidade aumentar os seus coñecementos asistindo ás reunións da Liga de Fútbol Profesional.

Propoñemos na iniciativa a que se lle felicite ao RC Deportivo pola posta en marcha para esta vindeira temporada 2016/2017 do equipo feminino

Lembramos que a intención do RC Deportivo feminino é xogar todos os partidos correspondentes á Segunda División no campo da Agrela 1, mais para iso precisan que o Concello da Coruña o permita.

A idea é que as xogadoras realicen tres sesións de adestramento semanais (dous no campo da Agrela e unha en Abegondo) e logo xogar os domingos ás doce. Trátase, pois, de que A Coruña coñeza e sinta como propio este proxecto de fútbol feminino e para iso é preciso que os partidos se xoguen nun emprazamento da cidade. Porén, polo que se sabe aínda faría falla que o Concello dea a resposta afirmativa á proposta do RCD. É por iso que presentamos esta iniciativa co obxecto de que haxa o máximo de facilidades para que este proxecto teña a máxima visibiización e proxección.

Deste xeito, no Pleno faremos a solicitude para que se lle faciliten ao Deportivo feminino as instalacións municipais que se necesiten e instando a se congratular de que se dean estes pasos para visualizar o deporte feminino, e desexándolle os maiores dos éxitos posíbeis.

A Coruña, 3 de xullo de 2016

O Concello debe contribuir e apoiar a iniciativa do RC Deportivo feminino