Imprimir

O BNG visita os locais da asociación Agalure

bngcidadedacorunha.opennemas.com | 15 de Decembro de 2016

O noso Grupo Municipal visitou á asociación Agalure nos espazos onde desenvolve as súas actividades na avenida Glasgow

A entidade asociativa trasladounos as súas necesidades actuais, principalmente a demanda dunhas instalacións acaídas aos servizos que hoxe en día están a prestar

O contacto permanente co tecido asociativo da cidade, neste caso co sector sociosanitario, permítenos coñecer de primeira man as súas principais necesidades e acceder a problemática diaria á que se teñen que enfrontar: existe un conxunto de asociacións na Coruña que están desenvolvendo as súas actividades moi en precario mentres e o Goberno municipal non é capaz de acompañalas ou mesmo darlles alternativas axeitadas ao labor que están realizando

O noso Grupo Municipal visitou as instalacións da asociación Agalure situadas na avenida Glasgow.

Nesta visita, a nosa concelleira Avia Veira, e representantes da entidade asociativa abordaron as necesidades actuais da asociación, que pasan principalmente pola demanda dunha instalacións acaídas para o desenvolvemento das actividades que presta hoxe en día ás súas persoas usuarias.

Deste xeito, os representantes da asociación, durante a visita realizada, mostráronnos, os locais onde están desenvolvendo a súas actividades, no espazo da avenida Glasgow, conformado por dúas oficinas, xunto cunha zona para recepción de persoas e un salón de actos de usos comúns, xa que logo as instalacións están sendo compartidas con outras entidades sociais, e que tamén realizan as súas propias actividades noutras dependencias do edificio.

A este respecto, a representación da entidade sinalou que a problemática atópase en dar un bo servizo de atención ás súas persoas usuarias xa que logo, entre outras funcións, desenvolven atención telefónica, consultas profesionais, atención individual, reunións familiares, terapias de grupo, actividades sociais etc, e que a situación actual impídelles que todas estas sexan realizadas de xeito óptimo, causándolles moitas interferencias no traballo diario que desenvolven.

Toda esta problemática, tal e como nos transmitiu a dirección de Agalure, está en coñecemento do Goberno municipal desde o ano 2015. De feito, indicábannos desde a entidade, que na conversas que veñen mantendo para poder dotarse dunhas novas instalacións, mesmo desde o mandato anterior, incluso trasladaron a proposta de destinar do seu propio orzamento unha partida económica para o pago de parte dos custos de aluguer dun novo local xa que logo é urxente a necesidade deste, máis amplo e máis acaído para o labor que desenvolven, e que incluso permitiríalles ampliar os servizos, como por exemplo formación, ou tamén optar a selos de calidade, algo que na actualidade, como puidemos observar na nosa visita, é imposíbel.

Deste xeito, comprometémonos a realizar varias iniciativas encamiñadas a coñecer se o Goberno municipal ten pensado atender as demandas da entidade, así como tamén dar traslado a través de diversas preguntas, das actuacións previstas a respecto da atención e seguimento das distintas necesidade de Agalure, en particular, así como do tecido sociosanitario da cidade en xeral.

O contacto permanente co tecido asociativo da cidade, neste caso co sector sociosanitario, permítenos coñecer de primeira man as súas principais necesidade e acceder a problemática diaria á que se teñen que enfrontar: existe un conxunto de asociacións na cidade que están desenvolvendo as súas actividades moi en precario mentres e o Goberno municipal non é capaz de acompañalas ou mesmo darlles alternativas axeitadas ao labor que están realizando.

A Coruña, 15 de decembro de 2016

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-visita-locais-da-asociacion-agalure/20161215143738007379.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal