O BNG urxe a que se retomen as obras da estrada que une Feáns con Arteixo

O BNG urxe a que se retomen as obras da estrada que une Feáns con Arteixo

A Coruña, 24 de outubro de 2013.- O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego denuncia que a estrada provincial CP-0152 que comeza no Birloque e que atravesa Feáns até conectar co concello de Arteixo leva parada desde inicios de setembro malia que a empresa adxudicataria se comprometera a continuar coas obras a semana do 23 de setembro.

Esta obra, que ten como finalidade o ensanche, a mellora de trazado e afirmado desta estrada provincial, atópase na fase de ampliación e até o parón das actuacións, estaba executado todo o movemento de terras e parte da subase. Esta obra foi adxudicada á UTE Birloque-Arteixo o 5 de decembro de 2012 e no Pleno da Deputación de 28 de xuño deste ano aprobouse un proxecto reformado que, entre outras cuestións, supuña a modificación das superficies e dos bens inicialmente afectados. O prazo de execución do proxecto modificado é de oito meses e o contrato foi asinado o 16 de xullo.

O Grupo Municipal do BNG advirte que se trata dunha estrada moi transitada, sen iluminación, e que a situación na que está na actualidade dificulta a seguridade e acrecenta o perigo. Alén diso, coa chegada das choivas desemboca no pavimento barro e area, empeorando aínda máis a situación. Ante o crecente perigo, o Grupo Municipal BNG urxe a que se retomen as obras o máis antes posíbel.

O BNG urxe a que se retomen as obras da estrada que une Feáns con Arteixo