O BNG presenta un rogo para corrixir unha problemática de accesibilidade

O BNG presenta un rogo para corrixir unha problemática de accesibilidade

A Coruña, 27 de xaneiro de 2016.- O Grupo Municipal do BNG presentou esta maña un rogo escrito para o próximo pleno no que se solicita a recolocación dun contedor de roupa que foi instalado no barrio do Ventorrillo.

O BNG presenta un rogo escrito no próximo pleno para a recolocación dun contedor de roupa usada que impide unha correcta accesibilidade no barrio do Ventorrillo

contedor_roupa_ventorrillo_1As nacionalistas indican que ven de colocarse na rúa alcalde Peñamaria del Llano, a altura do pavillón polideportivo do Ventorrillo, un contedor para a reciclaxe de roupa que, non tivo en conta á hora da instalación o "elemento de mobilidade", impedindo seguir a liña recta da beirarrúa, e dificultando o normal acceso daquelas persoas con diversidade funcional ou mesmo dos carriños para bebés.

Deste xeito as nacionalistas, con esta iniciativa, solicítanlle ao Goberno municipal que recoloque este contedor de xeito que se respecten eses “elementos de mobilidade” e se protexa o acceso axeitado das persoas con mobilidade reducida. Tamén se solicita que se vixíe e se inspeccione, de aquí en diante, a colocación destes, e de calquera outro elemento de colocación non fixa, nas beirarrúas da nosa cidade para garantir a accesibilidade universal no espazo público.

O BNG presenta un rogo para corrixir unha problemática de accesibilidade