Imprimir

O BNG preguntará no Pleno sobre a ampliación da liña 17 ate o Materno

BNG da cidade da Coruña | 28 de decembro de 2015

A Coruña, 28 de novembro de 2015.- O Grupo Municipal do BNG presentou está mañá varias preguntas dirixidas á concellaría de mobilidade sostíbel nas que se recollen as demandas da A.VV de Monte Alto pola que se solicita, entre outras, a ampliación da liña 17 até o Materno Infantil e o Oncolóxico.

O Grupo Municipal do BNG preguntará no próximo pleno sobre a ampliación da liña 17 ate o Materno Infantil e o Oncolóxico

Nueva imagenAs nacionalistas, deste xeito, dan traslado ao Pleno a través dunha pregunta escrita, as reivindicacións da asociación que lograron recadar máis de mil sinaturas ao longo do último mes nunha campaña que desenvolveu no barrio. A veciñanza de Monte Alto solicitou mediante un escrito, presentado a semana pasada por rexistro, que se amplíe a liña 17 até o Materno Infantil e o Oncolóxico e que hoxe so chega até a rotonda do CHUAC. Asemade, a veciñanza tamén solicita o aumento da frecuencia da liña dado que na actualidade só hai dous buses a razón de un cada media hora, agravándose a situación os fins de semana cun só cada hora. Por último, tamén a entidade veciñal demanda a eliminación do cobro do novo aparcamento do Materno Infantil para aquelas persoas usuarias que por razóns de enfermidade tivesen que desprazarse de cotío ao entender que este uso é necesario e non un “luxo”.

As nacionalistas fanse eco das demandas da A.VV. de Monte Alto e que recolleu máis de mil sinaturas de apoio entre a veciñanza do barrio no último mes

O BNG, así, inquírelle ao Goberno municipal se vai realizar algún tipo de xestión coa Compañía de Tranvías para dotar dunha mellor conexión por bus ao Materno Infantil e mais ao Oncolóxico, cando se vai executar o cambio de liñas de buses anunciado polo Goberno municipal, se a reivindicación do barrio de Monte Alto está entre as prioridades canto ao cambio de liñas de autobús e se sería posíbel chegar a un acordo entre Emalcsa e Copasa para que as persoas que teñen que acudir ao Oncolóxico ou ao Materno poidan pagar menos cando teñan que deixar o coche durante a súa estancia por enfermidade no hospital.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/outras-novas/bng-preguntara-no-pleno-ampliacion-da-linha-17-ate-materno/20151228145504005826.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal