O BNG pídelle explicacións ao Goberno do Sr. Negreira polas obras da praza Almirante Romai

O BNG pídelle explicacións ao Goberno do Sr. Negreira polas obras da praza Almirante Romai

FOTO 2A Coruña, 11 de febreiro de 2015- O Grupo Municipal do BNG exíxelle explicacións ao Goberno do Sr. Negreira polas obras que se están a acometer no soar da praza Almirante Romai á altura dos números 3,4,5,6 e 7. Así, a instancias da veciñanza, que descoñece as actuacións que están a ter lugar neste soar que levaba un ano abandonado e que causaba problemas de salubridade dada a acumulación de augas que alí se producía.

Precisamente na mañá de hoxe, a concelleira do BNG Avia Veira visitou a zona de obras e comprobou que a empresa Abeconsa SLU está a construír no soar, a pesar de non ser titular, a efectos legais da licenza. A nacionalista transmite a preocupación dos e das habitantes da praza ao non coñecer quen se responsabiliza do que alí acontece ou do que poida acontecer.

A edila nacionalista, que consultou o expediente desta obra, explica que a Xunta de Goberno Local, na súa reunión do 15 de marzo de 2013, concedeulle á empresa Coprosal S.A. licenza de construción no citado solar e que o Servizo de Disciplina Urbanística xirou dúas inspeccións en marzo e xullo de 2014 - un ano despois da concesión da licenza- informando de que as obras non se comezaran. Os veciños e veciñas da zona presentaron o 16 de decembro de 2014 solicitudes para que se declarase caducada a licenza, pois o soar xa levaba un ano abandonado e cunha gran poza de auga da que saían insectos e que desprendía cheiros.

Critica Avia Veira que o Goberno o Sr. Negreira non declarou a licenza caducada malia constarlle en dous informes do Vixilante de Disciplina Urbanística que non se cumprira cos prazos de comezo das obras explicitados na licenza. Denuncia que, ademais, o Goberno local ten asinado un informe proposta que levará proximamente a unha Xunta de Goberno Local para autorizar o cambio de titularidade da licenza solicitado o 29 de decembro de 2014 pola empresa Abeconsa S.L.U.

O BNG pregúntalle ao Goberno do Sr. Negreira como é posíbel que a empresa Abeconsa SLU estea xa a construír cando non é a titular, a efectos legais, da licenza

Avia Veira explica que aínda que o Goberno non resolveu a transmisión da licenza, a empresa Abeconsa xa está a construír no soar. Diante desta situación, a concelleira do BNG presentou esta mañá unha batería de preguntas escritas para coñecer o motivo polo que non se declarou a caducidade da licenza, cando pasou máis dunha ano desde a concesión como así lle constaba ao Goberno local polos informes do Vixilante de Disciplina Urbanística e llo demandaban a veciñanza da zona e por que aínda non levou á Xunta de Goberno Local o acto de transmisión de licenza.

A concelleira nacionalista tamén lle pregunta ao Goberno do Sr. Negreira como é posíbel que a empresa Abeconsa SLU estea xa a construír cando non é a titular, a efectos legais, da licenza. Por último, pregunta que ten previsto facer o Goberno local ao respecto.

O BNG pídelle explicacións ao Goberno do Sr. Negreira polas obras da praza Almirante Romai