Imprimir

O BNG pide quitas de até 100% nos alugueres das vivendas municipais para persoas en situación vulnerábel

bngcidadedacorunha.opennemas.com | 02 de abril de 2020

O Concello debería aplicar quitas de até 100% para as persoas arrendatarias de vivendas municipais en situación de especial vulnerabilidade, defendeu este xoves o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, durante a reunión da Xunta de Portavoces. A bonificación debería ser no mínimo durante un período de 4 meses.

O decreto aprobado polo Goberno do Estado permite que se estabelezan quitas na contorna de 50% para as persoas que vivan en moradas arrendadas por grandes tenedores de vivenda. As empresas municipais teñen esta condición. O goberno vasco elevou ese listón até o 100 por cento. O BNG considera que o Concello da Coruña debería facer o propio para protexer os sectores sociais máis indefensos das consecuencias socioeconómicas da pandemida co Covid 19.

A proposta feita por Francisco Jorquera ficou pendente de estudo para próximas reunións da Xunta de Portavoces. 

O BNG, na súa condición de forza que conformou conxuntamente con PSdeG-PSOE e a Marea Atlántica os orzamentos do concello para 2020, mostrou a súa disposición a "repensar as contas" para reprogramar partidas e permitir que se destinen ás necesidades sociais máis prementes.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-pide-quitas-ate-100-nos-alugueres-das-vivendas-municipais-persoas-situacion-vulnerabel/20200402130926008534.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal