O BNG manifesta o seu apoio ás demandas da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto da Coruña

O BNG manifesta o seu apoio ás demandas da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto da Coruña

A Coruña, 17 de febreiro de 2016.- O BNG da Coruña manifesta o seu apoio ás demandas da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto da Coruña que reclama unha atención axeitada no CHUAC ás mulleres que teñen que abortar no segundo trimestre do embarazo.

O BNG da Coruña manifesta o seu apoio ás demandas da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto da Coruña que reclama unha atención axeitada no CHUAC ás mulleres que teñen que abortar no segundo trimestre do embarazo

Momento da concentranción desta maña diante do rexistro do CHUAC

Así, as nacionalistas súmanse á denuncia pública que se fai desde a Plataforma, da que fai parte o Bloque, ante a inacción das autoridades da área sanitaria que son coñecedoras desde xullo do ano pasado de que no CHUAC non se están cumprindo cos mínimos que marcan os protocolos de atención ás mulleres que teñen un aborto no segundo trimestre de xestación. E é que a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto de A Coruña rexistrou o 20 de xullo do pasado ano un escrito dirixido ao xerente do complexo e ás directoras médica e de enfermaría, no que describía como tiña que ser a atención ás mulleres que teñen un aborto no 2º Trimestre da xestación, segundo os protocolos internacionais e instando as autoridades responsábeis a que tomasen as medidas oportunas para garantir unha atención integral e de calidade na atención ás mulleres que precisaban un aborto nese momento.

A formación nacionalista súmase así á denuncia pública da Plataforma que pon de manifesto que as autoridades da área sanitaria son coñecedoras desde xullo do ano pasado de que no CHUAC non se están a cumprir os mínimos que marcan os protocolos de atención ás mulleres que teñen un aborto no segundo trimestre de xestación

Logo de case sete meses e dado que non houbo resposta, o BNG uniuse ao chamamento da Plataforma a toda a cidadanía e expresou o seu rexeitamento a esta situación acudindo á mobilización que tivo lugar esta mañá ás 12.00 h diante do Rexistro do Hospital Universitario da Coruña (na rotonda de acceso ao Hospital) para entregar os escritos reclamando que se preste unha atención axeitada, de calidade e suxeita aos protocolos internacionais  ás mulleres que teñen un aborto no segundo trimestre de xestación.

As nacionalistas participaron, como parte da Plataforma, na concentración convocada para as 12.00 h diante do Rexistro do Hospital Universitario de A Coruña, situada ao carón da rotonda de acceso ao hospital

O BNG manifesta o seu apoio ás demandas da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto da Coruña