O BNG esixe que se faga público e se lle dea a coñecer á cidadanía o convenio de Repsol e o Porto

O BNG esixe que se faga público e se lle dea a coñecer á cidadanía o convenio de Repsol e o Porto

A Coruña, 17 de outubro de 2013.- O BNG da Coruña esixe que se faga público e se lle dea a coñecer a cidadanía o convenio asinado entre Repsol e a Autoridade Portuaria para o traslado das instalacións da petroleira en San Diego ao porto exterior. Precisamente, o martes, día seguinte da sinatura, o BNG rexistraba no Congreso unha solicitude para facer público o convenio, ao igual que no rexistro do Concello (aínda que o Concello non interviñera parte da sinatura do convenio debería facer público o convenio na medida en que lle afecta á cidadanía da Coruña). E esta mañá, as nacionalistas facían o propio na Autoridade Portuaria.

O BNG exixe rachar co escurantismo que xurdiu ao redor do contido do convenio. Advirte, así, da opacidade do acto de sinatura do convenio e a posterior información ofrecida aos medios de comunicación, aos que non se lles permitiu formular pregunta ningunha. As nacionalistas reclaman a máxima transparencia na medida en que o traslado de Repsol a Punta Langosteira é unha demanda cidadá e responde a unha necesidade imperiosa.

O BNG quere que se aclaren e se concreten os prazos do traslado, o contido da segunda fase e a conexión ferroviaria ao porto exterior, así como o desmantelamento do oleoduto que conduce baixo terra produtos como o cru até a refinería. Tamén queren saber as nacionalistas os detalles acerca dos terreos que ocupa a día de hoxe Repsol en San Diego, as obras que se van ter que facer na refinaría consecuencia do traslado e como afectará no Concello de Arteixo a construción do novo polioduto.

O BNG esixe que se faga público e se lle dea a coñecer á cidadanía o convenio de Repsol e o Porto