O BNG empraza o alcalde a poñerse do lado da veciñanza dos Castros e non da Autoridade Portuaria

O BNG empraza o alcalde a poñerse do lado da veciñanza dos Castros e non da Autoridade Portuaria

A Coruña, 18 de xuño de 2014- O Grupo Municipal do BNG volve denunciar as descargas de graneis a ceo aberto no porto da Coruña, unhas descargas que están a provocarlles problemas de saúde a persoas que viven no barrio dos Castros. Aínda esta mañá, ás 11h, a emisión de partículas en suspensión era de 72 µg/m³, cando o límite está fixado en 50 µg/m³ (segundo o real decreto 102-2011 os 50 µg/m³ non poderán superarse en máis de 35 ocasións por ano).

O BNG exíxelle ao Goberno municipal que deixe de mirar para outro e de ser condescendente coa Autoridade Portuaria e se poña do lado da veciñanza. Aínda na sesión plenaria deste mes e pesar de que numerosas persoas que se ven na obriga de acudir ao CHUAC con afeccións respiratorias e alerxias derivadas das descargas de graneis no porto, o concelleiro de Medio Ambiente respondíalle á concelleira Avia Veira que “non existen problemas de calidade do aire nin de saúde pública”.

O Grupo Municipal do BNG pon de manifesto que os datos dos medidores da Autoridade Portuaria evidencian que si existen problemas de contaminación no barrio dos Castros. Así, nos días 15 e 16 de maio chegaron até os 253 µg/m³, pasando polos 125 e os 131 µg/m³. As nacionalistas volver exixirlle ao Executivo local que antepoña a saúde da veciñanza, que sofre importantes problemas respiratorios e alérxicos, ao negocio da Autoridade Portuaria.

 

O BNG empraza o alcalde a poñerse do lado da veciñanza dos Castros e non da Autoridade Portuaria