Imprimir

Dor pola morte de Manuel Álvarez Torneiro, un dos grandes da literatura galega

bngcidadedacorunha.opennemas.com | 09 de outubro de 2019

Torneiro [Foto: Kalandraka].
Torneiro [Foto: Kalandraka].

O BNG da Coruña recibiu con grande tristura a noticia da morte do poeta Manuel Álvarez Torneiro (A Coruña, 1932-2019), unha das voces máis expresivas e brillantes da literatura galega das últimas décadas.
 

Dono dalgúns dos galardóns de maior prestixio da poesía na península ibérica, entre eles o Premio Nacional e o Premio da Crítica, Manuel Álvarez Torneiro, quen tamén foi un xornalista de grande alento, deixa unha obra dunha enorme calidade sen a cal será imposíbel historiar a literatura deste tempo.

Neste momento de dor pola perda, o BNG transmite as súas condolenzas á familia e ás persoas achegadas ao grande poeta.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-da-coruna-expresa-sua-dor-pola-morte-torneiro-grandes-da-literatura-galega/20191009100359008268.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal