O BNG cuestiona o gasto en dúas pistas de pádel e nunhas bancadas que van ser desmontadas

O BNG cuestiona o gasto en dúas pistas de pádel e nunhas bancadas que van ser desmontadas

A Coruña, 2 de decembro de 2012.- O Grupo Municipal do BNG pregúntase que sentido ten que o Goberno do Sr. Negreira vaia gastar un total de 577.266 en construír dúas pistas de pádel e unhas bancadas que serán, necesariamente, provisionais, tal e como obriga a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza.

Así, os nacionalistas cuestionan a maneira que ten o Goberno municipal de optimizar os cartos públicos en plena época de crise económica. Non parece a mellor opción, indican, gastar máis de medio millón de euros en dúas pistas de pádel e nunhas bancadas que terán que reubicarse ou suprimirse no futuro, cando se reordene o recinto deportivo, coa aprobación do Plan Especial de Protección do Ámbito da Torre de Hércules. Así o esixe Patrimonio.

O BNG cuestiona o gasto en dúas pistas de pádel e nunhas bancadas que van ser desmontadas