O BNG avoga pola separación clara entre os poderes públicos e a igrexa

O BNG avoga pola separación clara entre os poderes públicos e a igrexa

A Coruña, 10 de maio de 2015.- Con motivo da conmemoración da función do voto, un acto rancio e retrógado, máis propio do franquismo, o BNG-Asembleas Abertas aposta pola separación clara entre os poderes públicos e a Igrexa. A este respecto, o BNG-Asembleas Abertas pon de manifesto que a aconfesionalidade do Estado español ten que implicar a súa neutralidade. Por iso, os poderes públicos deben respectar as crenzas e as celebracións relixiosas de todo o pobo e non deben participar nelas para garantir o principio de igualdade.

Nesta liña, o BNG-Asembleas Abertas non concibe que os lexímitimos representantes do pobo vulneren a aconfesionalidade dos poderes públicos, que teñen que ser neutrais, ao representaren tanto persoas con crenzas relixiosas como persoas sen crenzas relixiosas.

O BNG avoga pola separación clara entre os poderes públicos e a igrexa