Imprimir

O BNG apoia o novo calendario fiscal e propón que se estuden exencións para colectivos vulnerábeis

bngcidadedacorunha.opennemas.com | 26 de marzo de 2020

O grupo municipal do BNG considera unha medida positiva o novo calendario de pagamento das taxas e impostos municipais anunciado este xoves pola alcaldesa Inés Rey.

Así o indicou o portavoz nacionalista Francisco Jorquera durante a nova reunión monográfica que sobre a crise do coronavirus realizou hoxe a Xunta de Portavoces.

"Vemos ben a prórroga, como tamén a aplicación de medidas complementares a futuro, entre elas a exención e rebaixas de taxas e impostos para os colectivos sociais que máis poden sufrir as secuelas socioeconómicas desta emerxencia sanitaria", afirma Francisco Jorquera.

A crise vai levar aparellada unha profunda caída da actividade económica, polo que o BNG considera fundamental que a administración local se libere dos atrancos que nos últimos tempos ten condicionado a súa resposta fronte a situacións recesivas. "Insistimos nestas reunións da Xunta de Portavoces en que desde o Concello se demande a eliminación urxente da regra de gasto, ben como tamén como as restricións que pesan sobre os obxectivos de déficit e os límites de endebedamento, pois limitan gravemente a capacidade de investimento, de reforzamento dos servizos municipais e de contratación de persoal por parte das institucións locais", conclúe Jorquera.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-apoia-novo-calendario-fiscal-propon-estuden-exencions-colectivos-vulnerabeis/20200326125642008530.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal