O BNG animará a veciñanza da Agra a alegar contra a ordenanza do lixo

O BNG animará a veciñanza da Agra a alegar contra a ordenanza do lixo

A Coruña, 3 de outubro de 2013.- Na charla aberta que organiza o BNG na Agra do Orzán para desmontar a estafa social da reciclaxe na planta de Nostián, o portavoz nacionalista, Xosé Manuel Carril, animará a veciñanza a presentar alegacións á ordenanza ordenanza fiscal nº 6, reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida e tratamento de lixo e residuos urbanos. E é que malia saberse da fraude de Albada na planta de Nostián, o Goberno municipal seguiralle a cobrar á cidadanía por un servizo que non está a recibir.

O Grupo Municipal do BNG critica que o Goberno do Sr. Negreira lle siga facendo o xogo á concesionaria municipal, que fai o que lle prace. Reproban ademais as nacionalistas que o Sr. Negreira pretenda seguir cobrándolle á cidadanía por un servizo de tratamento de lixo que non existe.

A charla contará coas intervencións de Xosé Manuel Carril e de membros do Comité de Empresa de Albada. Terá lugar ás 20h no local da AVV da Agra do Orzán (Entrepenas, 38).

O BNG animará a veciñanza da Agra a alegar contra a ordenanza do lixo