MOBILIDADE

Baixar só o prezo do bus é renunciar a transformar todas as condicións do transporte colectivo urbano

Bus da Compañía de tranvías realizando parada en Porta Real
Bus da Compañía de tranvías realizando parada en Porta Real

Advertimos á Marea Atlántica que a baixada de prezos do bus non é a solución aos problemas transporte público colectivo e lembrámoslle as súas promesas de reordenación das liñas de autobuses e de carril bus

Entendemos que non se trata só de baixar o prezo e de aumentar tres liñas: hai que reordenar as liñas para conectar os barrios, a universidade e outros centros de estudos, os polígonos industriais, os grandes centros de traballo e os diferentes centros sanitarios; cómpre tamén que o bus teña espazos prioritarios para circular, nun carril bus; e é preciso que tanto as frecuencias como os horarios se adapten á realidade das maiorías sociais da cidade comezando antes o servizo e rematando máis tarde do que o fai actualmente

Solicitamos ao Goberno Local transparencia neste novo cambio de tarifas unilateral e que explique se o Concello vai seguir pagándolle á Compañía de Tranvías a diferenza entre a tarifa xeral e as tarifas reducidas

Baixar só o prezo do bus é renunciar a transformar todas as condicións do transporte colectivo urbano

A baixada de prezos do bus non é máis que unha medida efectista da Marea Atlántica para neutralizar as críticas pola súa inacción en materia de mobilidade.

Non se trata só de baixar o prezo e de aumentar tres liñas: hai que reordenar as liñas para os barrios, a universidade e outros centros de estudos, os polígonos industriais, os grandes centros de traballo e os diferentes centros sanitarios; cómpre tamén que o bus teña espazos prioritarios para circular, nun carril bus; e é preciso que tanto as frecuencias como os horarios se adapten á realidade das maiorías sociais da cidade comezando antes o servizo e rematando máis tarde do que o fai actualmente.

Hoxe en día os grandes centros de traballo e os polígonos industriais da nosa cidade non teñen conexión escasa desde os barrios, como tampouco os centros de estudos -como os institutos de FP, Conservatorio, Escola de Idiomas e UNED- e a universidade, os centros sanitarios igualmente -pensemos non só no CHUAC senón tamén no Ventorrillo, o Abente e Lago, o Materno, o Oncolóxico ou no Hospital de Oza-, e segue habendo barrios aos que só chega un bus.

A reordenación das liñas ten que ser global non só parcial e entendemos que o anuncio da ampliación de tres liñas o 12, 12A e o 17 non soluciona o problema de conexións e ao facer esta ampliación o Goberno Local sen máis o que está a demostrar é que podía telo feito antes mais que non tivo vontade para o facer.

Bus da liña 7 percorrendo as rúas de Xoán Flórez (foto: Wikipedia Commons Sicixia bus)

Asemade, é imprescindíbel revisar os horarios e as frecuencias do transporte público colectivo na nosa cidade para comezar antes a posta en marcha do servizo e rematala despois adaptándose realmente aos horarios das maiorías sociais e das traballadoras e dos traballadores da nosa cidade.

Por outra banda, solicitamos tamén ao Goberno local transparencia neste novo cambio de tarifas unilateral e explique se o Concello vai seguir pagándolle á Compañía de Tranvías a diferenza entre a tarifa xeral e as tarifas reducidas.

O alongamento de tres liñas e a rebaixa de tarifas é unha medida efectista que pretende facer fronte ás críticas pola inacción da Marea Atlántica en materia de mobilidade mais os incumprimentos seguen presentes: a reordenación mapa de rutas de autobús urbano, a priorización do paso mediante plataforma reservada en vías principais, ou sexa carril bus, a mellora na accesibilidade en paradas, as paradas intercambiador urbano/interurbano en San Diego, Avenida Alfonso Molina e Ronda de Outeiro, a implantación dunha rede eficiente de aparcadoiros disuasorios públicos e gratuítos conectados co transporte público urbano/interurbano consensuados con concellos da área metropolitana, entre outras son iniciativas recollidas nas 99 medidas para o 99% que non se executaron neste mandato.

A Coruña, 24 de setembro de 2018

 

Noticias relacionadas:

Baixar só o prezo do bus é renunciar a transformar todas as condicións do transporte colectivo urbano