Imprimir

Avia Veira pregúntalle ao Goberno Local cando vai cumprir o seu compromiso coa veciñanza do Ofimático

bngcidadedacorunha.opennemas.com | 08 de maio de 2020

A concelleira do BNG Avia Veira vaille dirixir unha pregunta oral ao Goberno Local no próximo pleno do xoves 14 de maio en relación á procura dunha solución para a veciñanza afectada polo Parque Ofimático.

No Acordo de Mandato asinado polo BNG e o PSOE en xuño de 2019, documento que fixo viábel a investidura de Inés Rey, o grupo municipal socialista comprometíase a resolver este problema ou ben a través da desafectación das vivendas ou por medio dunha solución urbanística alternativa sempre e cando fose consensuada coa veciñanza.

"Este é un dos puntos que compuña o acordo de mandato asinado hai case un ano. Esiximos que se cumpra. Os meses pasan e non se está a executar o acordado. A veciñanza do lugar merece unha solución e nós temos a obriga de demandar que o Goberno Local respecte os seus compromisos", afirma Avia Veira.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/avia-veira-preguntalle-ao-goberno-local-cando-vai-cumprir-seu-compromiso-par/20200508122043008560.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal