Imprimir

Avia Veira pregúntalle ao goberno local cando e onde ten pensado reimplantar o carril bus

bngcidadedacorunha.opennemas.com | 25 de setembro de 2019

O carril bus foi retirado da cidade polo goberno conservador de Carlos Negreira
O carril bus foi retirado da cidade polo goberno conservador de Carlos Negreira

A concelleira do BNG Avia Veira insta o goberno local a que precise cando e onde ten pensado implantar o carril bus.

O emprazamento ao executivo coruñés vaino facer Veira a través dunha pregunta para a súa resposta oral no pleno ordinario do próximo mes. A sesión aínda non está formalmente convocada, mais todo indica que se vai celebrar o xoves 3 de outubro.

O carril bus foi retirado da cidade polo goberno conservador de Carlos Negreira. A súa reimplantación foi pactada por nacionalistas e socialistas no acordo asinado por ambas forzas a 19 de xuño de 2019, entente que fixo viábel a investidura de Inés Rey.

Para o BNG, a posta en marcha do carril bus é un elemento básico da política de mobilidade que precisa a cidade, ao mellorar as prestacións do servizo do bus e desincentivar o uso do coche particular.

Alén da reimplantación do carril bus, o BNG demanda un novo mapa de liñas, máis frecuencias de paso dos buses e o alargamento dos horarios para os facer coincidir coas horas de entrada e saída dos traballos das veciñas e dos veciños.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/avia-veira-pergunta-ao-goberno-local-cando-onde-ten-pensado-reimplantar-carril-bus/20190925135318008225.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal