Imprimir

Por un espazo alternativo para as persoas sen teito

bngcidadedacorunha.opennemas.com | 25 de outubro de 2019

Un aspecto por fóra da Casa Abeiro (a zona do edificio de cor gris).
Un aspecto por fóra da Casa Abeiro (a zona do edificio de cor gris).
"Hai que procurar unha solución estábel para todas as persoas sen teito afectadas", afirma a concelleira do BNG Avia Veira perante o fechamento do Centro Abeiro, aberto polo goberno anterior en 2017.

"O concello non pode ter equipamentos que incumpran as normativas de habitabilidade e mesmo de riscos laborais", avaliou a concelleira da formación nacionalista.

Unha vez tomada a decisión de fechar a Casa Abeiro por parte do goberno municipal, Avia Veira insta o executivo dirixido por Inés Rey a "habilitar canto antes un espazo alternativo" con dous propósitos. O primeiro, dar servizo ás persoas sen teito. O segundo, garantir a continuidade nos seus postos ás persoas que traballaban nese local.

"Reforzar as políticas sociais é unha necesidade imperiosa neste concello. Hai que as dotar de máis recursos. A elaboración dos orzamentos 2020 constitúe unha boa oportunidade para facelo", conclúe Veira.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/avia-veira-insta-goberno-local-habilitar-espazo-alternativo-persoas-teito/20191025121721008289.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal