Imprimir

Avia Veira denuncia que se impida a Defensa do Común o acceso ao pleno coas súas faixas

bngcidadedacorunha.opennemas.com | 06 de febreiro de 2020

Os membros de Defensa do Común non puideron acceder á tribuna de convidados do salón de Plenos con faixas, pancartas, e carteis reivindicativos. Isto denunciouno na súa primeira intervención no Pleno ordinario deste mes de febreiro a concelleira do BNG, Avia Veira.

"Este é un retroceso en termos de participación democrática a respecto do anterior mandato. Ten toda a lóxica que os distintos colectivos sociais podan asistir a estas sesións coa súa simboloxía", alegou Veira, quen pediu ao Goberno Local que rectifique de cara a futuros plenos. 

Antes do comezo do pleno, Avia Veira e o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, si acompañaron os membros de Defensa do Común, quen, no exterior do Palacio, na Praza de María Pita, si puideron despregar as súas pancartas contrarias a que o Ministerio de Defensa especule co patrimonio das coruñesas e dos coruñeses. 

"A directriz desta Alcaldía de non permitir que se despregue pancartas na tribuna de convidadas non ten nada a ver coa liberdade de expresión", dixo a alcaldesa, quen salientou que tampouco se permite o uso destes símbolos nos plenos dos parlamentos español e galego.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/avia-veira-denuncia-impida-defensa-do-comun-acceso-ao-pleno-coas-suas-faixas/20200206111705008473.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal