Imprimir

Avia Veira denuncia o estado de abandono das salas de cinema do Fórum Metropolitano

bngcidadedacorunha.opennemas.com | 17 de xaneiro de 2020

Unha das salas do Fórum Metropolitano
Unha das salas do Fórum Metropolitano
O mal estado das butacas, o uso dunha tecnoloxía de proxección da imaxe que deixa moito que desexar e as deficiencias no funcionamento do aire acondicionado levan a concelleira do BNG Avia Veira a formular unha pregunta por escrito ao Goberno Local sobre que pensa facer para mellorar os equipamentos das salas de cinema do Fórum Metropolitano.

"Trátase de dúas salas nas que se proxectan filmes en versión orixinal e cinema que non se oferta nso espazos comerciais convencionais cunha excelente programación, pero cun notábel abandono" da instalación, afirma Veira no texto da pregunta.

A concelleira pregunta ao Goberno Local se é consciente desta situación, que medidas pensa impulsar para a corrixir e en que prazos se podería materializar as reformas que precisan estas salas.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/avia-veira-denuncia-estado-abandono-das-salas-cinema-do-forum-metropolitano/20200117140930008438.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal