Agora o Goberno local e a Autoridade Portuaria admiten que os locais da Mariña son para hostalaría

Agora o Goberno local e a Autoridade Portuaria admiten que os locais da Mariña son para hostalaría

A Coruña, 24 de xaneiro de 2015.- O Grupo Municipal do BNG pon de manifesto que o tándem Autoridade Portuaria-Concello da Coruña sempre se comproba pola vía dos feitos. Así, é agora cando ambas as administración recoñecen que os locais da Mariña son destinados á hostelaría. A propia Autoridade Portuaria anunciou onte a través dun comunicado de prensa que sacará a concurso a construción e a explotación destes locais de hostelaría na zona peonil da Mariña.

O Grupo Municipal do BNG lembra que tanto unha como outra administración sempre se mantiveron caladas sobre o destino dos edificios proxectados na urbanización da Mariña, co agravante de que no caso do Concello da Coruña o propio Goberno do Sr. Negreira eludiu o tema nunha pregunta oral formulada polo BNG no pasado mes de maio. Precisamente, nese mesmo pleno, o Bloque presentaba unha moción na que, entre outras as cuestións, rexeitaba o destino hostaleiro das edificacións.

As nacionalistas sinalan que tanto o Goberno do Sr. Negreira como a Autoridade Portuaria sempre silenciaron o destino dos inmobles da explanada da Mariña para tratar de agochar os graves prexuízos económicos e a competencia desleal que van supor os novos estabelecementos hostaleiros aos negocios de hostelaría que existen a día de hoxe na zona. Os novos locais situaranse dentro da urbanización da superficie da Mariña, cuxas obras ilegais están a seren desenvoltas en terreos propiedade maioritaria de Autoridade Portuaria e, malia isto, están a ser pagadas polo Concello da Coruña con recursos municipais (4,6 millóns de euros). E malia todo isto, a Autoridade Portuaria pretende seguir facendo caixa aprobando agora o correspondente concurso para a concesión privada da xestión deses dous locais de hostalaría nos xardíns (RIP) da Mariña.

Agora o Goberno local e a Autoridade Portuaria admiten que os locais da Mariña son para hostalaría