#25N Participa: "O machismo dá o cante. Cambia de ritmo"

#25N Participa: "O machismo dá o cante. Cambia de ritmo"

25NA Coruña, 24 de novembro de 2013.- Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia Machista, o BNG da comarca da Coruña e mais Galiza Nova chaman á participación no acto de denuncia e combate que convocan para mañá, luns, ás 20h, no adro da igrexa de San Nicolás. O acto, que terá lugar centrado no lema “O machismo dá o cante, cambia de ritmo!”, consistirá nunha performance musical sorpresa. Así, a pé de rúa, o BNG e Galiza Nova tratarán de visibilizar e concienciar sobre este problema político e social.

Ademais, no día de mañá, as nacionalistas farán pública a campaña simbólica “Todas somos elas”, unha iniciativa que leva as mulleres a se pintaren unha raia negra ou vermella baixo o ollo e a difundir esta imaxe nas redes sociais en repulsa á violencia machista.

#25N Participa: "O machismo dá o cante. Cambia de ritmo"