Os 145.000€ da Laponia coruñesa son un insulto ao comercio, á mocidade e @s desempregad@s

Os 145.000€ da Laponia coruñesa son un insulto ao comercio, á mocidade e @s desempregad@s

A Coruña, 1 de decembro de 2012.- Cartaces co custo da "Laponia coruñesa" e da cabalgata cubrían esta mañá os distintos indicadores instalados polo Goberno municipal en distintas partes da cidade, como a rúa Barcelona, Santo Agostiño ou no Obelisco para guiar a cidadanía cara ao poboado lapón, situado en María Pita. Foi no Obelisco onde Galiza Nova realizou o acto simbólico de protesta, coa participación de Avia Veira, que tomará posesión como concelleira do BNG no Pleno deste luns.

Veira foi a primeira intervir fronte ao indicador do Obelisco. Na súa intervención, puxo de manifesto que os 145.000 euros malgastados polo Goberno do Sr. Negreira no poboado lapón son un insulto aos pequenos e medianos comerciantes, que ven como caen irremediabelmente as vendas consecuencia das medidas adoptadas polo Goberno central, á mocidade, que ten que emigrar consecuencia dos recortes do PP nas distintas institucións, e ás persoas desempregadas, que suman máis de 23.000 na nosa cidade.

"Os 145.000 euros (72.545 euros en animación e 72.479 euros na montaxe) tirados polo PP na antiestética Laponia coruñesa poderían ser destinados a dinamizar o pequeno e mediano comercio, para o que o Goberno municipal non ten plan ningún", sinalou Veira. A nacionalista puxo de manifesto que os comerciantes, que realizan as súas vendas no nadal, estiman unha caída das vendas próxima ao 40%. "E fai o PP ante a sangría comercial provocada pola suba do IVE, a liberalización de horarios, a perda da capacidade adquisitiva da cidadanía...? Pois tirar ao lixo con 145.000 euros!", advertiu.

"Mentres o PP gasta en ornamentos de nadal, moita xente moza non pode nin estudar unha carreira e outra vese na obriga de emigrar"

Tamén interveu no acto Alba Sánchez, responsábel local de Galiza Nova, quen lamentou as prioridades do Goberno municipal: ornamentos navideños no canto de axudar o comercio e a mocidade. "Moitos e moitas mozas non poden seguir estudando debido ás políticas de asfixia do PP, que o levaron a recortar bolsas e a aumentar as taxas académicas", sinalou. A responsábel da organización xuvenil puxo de manifesto que tamén como consecuencia das políticas suicidas do PP moitos e moitas mozas teñen que vivir o drama da emigración en busca dun posto de traballo máis ou menos digno.

"E neste contexto, que fai o PP?", destacou, "gasta en Nadal e crea unha sociedade de xente rica e de xente pobre, tamén na Coruña", concluíu.

Os 145.000€ da Laponia coruñesa son un insulto ao comercio, á mocidade e @s desempregad@s