COÑECE AO MÁXIMO ÓRGANO DO BNG DA NOSA CIDADE.

O Consello Local do BNG

Parte do novo Consello Local da Coruña elixido na Asemblea Local do 1 de xuño de 2017
Parte do novo Consello Local da Coruña elixido na Asemblea Local do 1 de xuño de 2017

O BNG estrutúrase territorialmente en comarcas e localidades. E a Asemblea Local é o órgano básico da organización territorial do BNG debendo estar toda persoa afiliada ao BNG encadrada nunha asemblea local.

Naquelas localidades onde a dimensión organizativa do BNG e as necesidades de traballo así o demandaren, deberá constituírse un Consello Local.

Na actualidade, o Consello Local da Coruña está composto por 16 compañeiras e compañeiros.

O Consello Local do BNG

O Consello Local é o máximo órgano de dirección do BNG na localidade e ostenta a representación pública do BNG.

Despois da XVI Asemblea Nacional, a Asemblea Local da Coruña, reunida o 1 de xuño de 2017, elixiu ás seguintes compañeiras e compañeiros membros do Consello Local do BNG na Coruña:

 

  • Manuel Francisco Méndez López, Responsábel-Portavoz Local, Novo Mesoiro.
  • Raquel Olveira Vilela, Vicerresponsábel Local, Monte Alto.
  • Luís Manuel Busto Antelo, O Birloque-Martinete.
  • María Xosé Bravo Sanxosé, Monte Alto-As Lagoas.
  • Xosé Manuel Casais Montemuíño, Os Rosais-Labañou.
  • María Calvo Gorgal, Labañou.
  • Florentino Fernández Vázquez, Os Castros.
  • María do Carme Fiaño Gándaras, O Castrillón-Monelos.
  • Antón Xoxé Laxe Bermúdez, O Ventorrillo-Agra do Orzán.
  • Marisol Mirás Mouro, Paseo das Pontes-Agra do Orzán.
  • Ándré López Blanco, A Falperra.
  • María Isabel Martínez-Risco Valdivieso, O Ensanche-Centro.
  • Anxo Sánchez García, Elviña.
  • Iolanda Naia Ferreiro, Responsábel de Acción Feminista, Os Mallos.
  • María Xesús Seixo García, Matogrande.
  • Avia Veira González, Concelleira do BNG, Monte Alto.